O noso SAMAGOSTO 2024 estivo animado cazando biosbardos con alegría, música e moitas castañas asadas.
|
|
|
|
|
|
O noso SAMAGOSTO 2024 estivo animado cazando biosbardos con alegría, música e moitas castañas asadas.
|
|
|
|
|
|
O mércores 11, o colexio recuperou a alegría e o movemento propios de inicio de curso.
O alumnado puido coñecer a súa aula e mestres e descubrir qué novidades trae este ano lectivo. Recibimos con moito agarimo ao alumnado de 1⁰EP que rapidamente se incorporou ás conversas e xogos do resto do alumnado. Houbo espazo tamén para escoitar contos e por suposto para o xogo.
Compartimos algunhas imaxes da xornada:
https://drive.google.com/drive/folders/1-KdAWRbZa7_dmfC4RHJz_o8h6P0GCTC_?usp=sharing
Nos enlaces teñen acceso á listaxe de libros de texto do centro para o vindeiro curso:
Na listaxe de libros de texto, no libro de inglés de 1º, 2º, 3º e 5º, aparece un número de ISBN que enviou por erro a editorial.
Os ISBN correctos son os seguintes:
1º EP:
GO FAR! 1 STUDENT'S= ISBN 978-84-668-3653-1
2º EP:
GO FAR! 2 STUDENT'S= ISBN 978-84-668-3654-8
3º EP:
GO FAR! 3 STUDENT'S= ISBN 978-84-668-3655-5
5º EP:
GO FAR! 5 STUDENT'S = ISBN 978-84-668-3657-9
ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA
O venres 21 de xullo celebramos a graduación do grupo de 4º da ESO coa súa titora Susana Presas. Neste grupo a porcentaxe de titulación foi do 100%, polo que queremos parabenizar a todas e todos os graduados. Nese último día todos os grupos fixeron unha pequena celebración de despedida do curso. Agardámosvos o curso que vén. Boas vacacións!
Aquí tedes todas as fotos.
O pasado día 20 de xuño celebramos a xornada de portas abertas para a presentación dos traballos feitos no proxecto de centro que este ano levou por título: Que animalada!
Aquí tendes unha galería de imaxes do Día de Portas Abertas.
Aquí tendes fotos e vídeos das actuacións do dia de portas abertas.
Aquí tendes máis fotos da xornada.
E aquí as do proxecto que o alumnado de 1º e 3º de ESO elaborou para a Xornada de Portas Abertas con imaxes e frases de personaxes célebres sobre cans e gatos. Os alumnos e alumnas de 1º fixeron a escolla dos textos e os montaron e o alumnado de 3º colocounas no corredor de secundaria para que os visitantes puideran desfrutar da exposición.
Agardamos que a xornada fose interesante para todos.
Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html
Con respecto ao fondo solidario, en todos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO manteranse os libros de texto do curso 2023/2024.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois dese día será excluída.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
O dia de Rosalía foi toda unha festa. Traballamos os animais nos poemas de Rosalia. Aqui tendes un vídeo que resume os recitados do alumnado:
Nesta Ligazón podedes ver mais vídeos e fotos
O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido deste ano coa colaboración das familias na preparación de productos típicos (filloas, orellas...) e no acompañamento durante a celebración. Este ano o motivo dos traxes estivo en consonancia co tema do proxecto de centro: Que animalada''!
Nestas ligazóns podedes ver as fotos e vídeos da celebración.
E así foi o festival de Nadal deste curso 2023/24, que compartillamos co CRA.
NESTA LIGAZÓN podedes ver todos os vídeos e fotos das actuacións.
Que teñades unhas boas festas e un feliz 2024.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |