Esquema de temas
-
Actividades de verán
Deixo adxunto uns caderniños con tarefas voluntarias para aqueles que queiran facer repaso durante o verán. Non son obrigatorias, e se decicides facelas tampouco hai por que facelas todas, podedes escolles aquelas que mellor se adapte o neno/a. Non mas tendes que reenviar a min nin entregalas en setembro. Simplemente vos deixo recursos para aqueles que os queiran empregar. Espero que vos sexan de utilidade.
Feliz verán!
-
Semana do 14 ao 18 de xuño
Para esta última semana déixovos unha fichiña de comprensión lectora e outra para repasar as centenas. Enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Lembrade que esta é a última tarefa da aula virtual.
Durante as vacacións subierei un dossier con actividades para aqueles que queiran facer algo de repaso en verán, avisareivos a través de abalar en canto o suba.
Boa fin de semana!
-
Semana do 7 ao 11 de xuño
Esta semana déixovos unha lectura moi divertida titulada "El cuento del elefante". Tamén vos deixo unha actividade para repasar o calendario.
As tarefas enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Desfrutade da calorosa fin de semana!
-
Semana do 31 de maio ao 4 de xuño
Para esta fin de semana déixovos unha fichiña de matemáticas de repaso das horas e dúas de castelán para repasar os sons c/qu e c/z.
Enviádesmo, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Boas festas!
-
Semana do 24 ao 28 de maio
Esta semana temos dúas fichiñas de ortografía para recordar os diferentes son do "R" "RR" e para tamén para repasar que antes de "b" e "p" SEMPRE, SEMPRE "m". Lembrade enviarmas ao correo de sempre andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Que teñades boa fin de semana!
-
Semana do 17 do 21 de maio
Para esta fin de semana déixovos de traballo unha fichiña para repasar as restas e outra para traballar o xénero (masculino/feminino) e número (singular/plural) dos sustantivos. Enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Que teñades boa fin de semana!
-
Semana do 10 ao 14 de maio
Para esta semana déixovos dúas fichiñas de repaso das horas. Enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Desfrutade desta longa fin de semana e do Día da Familia.
-
Semana do 3 ao 7 de maio
Esta semana temos unha actividade de repaso dos sustantivos a través dunha lectura sobre crocodilos. Espero que vos guste! Enviádesma ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Semana do 26 ao 30 de abril.
Para esta fin de semana déixovos unha ficha de repaso de sumas e restas con levadas. Enviádesma ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Ademais, con motivo do Día do Traballo, os nenos e nenas levan impresa unha actividade para realizar coas familias relacionada co tema así como de repaso dos sectores económicos que estamos vendo en ciencias Sociais. Deixo colgado un vídeo explicativo dos diferentes sectores para facilitar a tarefa.
Boa fin de semana!
-
Semana do 19 ao 23 de abril
O día 22 celebramos o día da Terra; por iso para esta fin de semana déixovos unha lectura relacionada para que fagades unhas actividade que me teredes que enviar ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com.
Tamén vos colgo un videoconto chulísimo que se titula "¡Despegando!" Espero que vos guste!
-
Semana do 12 ao 16 de abril
Para esta fin de semana déixovos unha ficha de repaso das restas con levadas. Enviádesma, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Semana do 5 ao 9 de abril
Para esta semana tendes dúas tarefas de comprensión lectora. Enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Actividades Semana Santa
Para estas vacacións déixovos tres fichas de repaso de mates sobre sumas con levadas. Enviádelas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Aproveitade para ler moitos libros e descubrir historias incribles e, sobre todo, para descansar. Sodes uns campións e campionas.
Desfrutade das merecidas vacacións, vémonos a volta!
-
Semana do 15 ao 19 de marzo
Déixovos colgada unha actividade de comprensión lectora para esta fin de semana. Cando rematedes enviádesma ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Semana do 8 ao 12 de marzo
Para esta fin de semana tendes unha actividade de comprensión lectora que me teredes que enviar ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Desfrutade do bo tempo! :)
-
Semana do 1 ao 5 de marzo.
Para esta semana deixo uns exercicios de razonamento para enviar a andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
A maiores, co gallo do Día da Muller, que se cebera o vindeiro luns 8 de marzo, os nenos e nenas levan nas súas capertas unha ficha para que cubran coa información relativa a unha das mulleres da súa familia e peguen unha foto. Con todos estes traballos faremos un mural coloraborativo visibilizando así, o papel da muller no día a día.
Que teñades unha feliz fin de semana!
-
Semana do 22 ao 26 de febreiro
Para esa semana déixovos unha deliciosa actividade de comprensión lectora e unhas sumas e restas de matemáticas.
Que teñades unha feliz fin de semana!
-
Falando con Betty decatámonos de que a ficha de mates ten operacións con levadas, aínda que vimos en clase as sumas con levadas empregando as regletas, as restas non as vimos. A pesar de que son decenas completas e sei que algúns non van ter problemas co cálculo mental, é moi probable que outros sí. Entón vou colgar unha nova ficha de mates con sumas e restas sen levadas.
Boa fin de semana!
-
Semana do 15 ao 19 de febreiro.
Para esta fin de semana déixovos unha fichiña para coñecer un pouquiño máis a cerca do entroido galego e outra para ficha de mates para repasar as sumas e restas. Lembrade que podedes empregar a táboa do 100, intentar facelo de cabeza ou poñer as operacións verticais pero nunca, nunca, nunca contando polos dedos. Enviádeme as fichas ao correo de sempre andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Semana do 8 ao 12 de febreiro.
Esta finde semana taaan loooongaaaa déixovos unha actividade de super detectives para poñer en práctica o que fomos aprendendo na clase de mates.
Cólgovos, tamén unha tarefa de lingua castelá onde tendes que ler as definicións e completar coa palabra á que se refire.
E por último, para celebrar o día do amor e da amizade que se celebra este 14 de febreiro tendes unha sopa de letras onde teredes que atopar algunhas palabriñas relacionadas con este día.
As tarefas enviádesmas ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Boa fin de semana!
-
Estou vendo que hai unha ficha de mate das que puxen onte, a de arrodear as decenas, que non me chagan os resultados e creo que tampouco deixa arrodear os debuxos; estiven intentando arranxala pero non son capaz de modificala. Así que vouna cambiar por outra. Déixovos adxuntadas as dúas fichas. A primeira é a mesma que xa estaba posta e a segunda é a nova.
Desculpade o erro.
-
Semana do 1 ao 5 de febreiro.
A vindeira semana será a derradeira de Isabel no cole, a auxiliar de conversa. Por iso, propoñemos como actividade escribirlle unha mensaxe, carta xunto cun debuxo contándolle a vosa experiencia durante este curso na materia de Arts & Crafts e despedíndovos dela.
Recordade facelo en CASTELÁN OU EN INGLÉS para que poida ler a vosa mensaxe, xa que o Galego non o entende moi ben. Podedes utilizar a ficha con marco e a cartolina que vos enviamos, ademais doutros materiais que teñades ou se vos ocorran.
Iso sí, tendes que mantelo en segredo ata que llo deamos xa que será unha sorpresa que lle faremos o último día antes de que se vaia.A maiaores déixovos dúas fichas de mates moi, moi sinxeliñas para repasar as decenas e unidades que me teredes que enviar ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Estas actividades son só para os alumnos e alumnas que esta semana non están asistindo a clase e cuxas familias están informadas. O RESTO DOS ALUMNOS NON teñen que realizalas xa que son as mesmas que estamos a facer en clase.
-
Semana do 25 ao 29 de xaneiro
Esta semana tendes dúas ficha de matemáticas para repasar as sumas, podedes empregar a táboa do 100 para facelas.
Ademais, como xa sabedes, mañá 30 de xaneiro, celébrase o Día da paz e da non violencia, así que tamén vos deixo o enlace dun conto que se titula "Copiota"; cando o vexades facedes un debuxo onde aparezades vos facendo algo ou xogando con algún amigo/a, curmán, irmán, en familia...podedes debuxar a quen vos queirades! e completades a frase.
As dúas fichas de mate enviádesmas, coma sempre, ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com e o debuxo levádelo o luns a clase para amosarllo ao resto de compañeiros/as.
Espero que vos gusten! Boa fin de semana!
-
Estas actividades son so para aqueles alumnos/as que non estean asistindo a clase e cuxas familias están
informadas. O resto de nenos/as non teñen que facelas xa que son as mesmas que estamos facendo en clase.
-
Semana do 18 ao 22 de xaneiro
Esta semana temos dúas tarefas interactivas.
A primera para repasar as palabras co za, ce, ci, zo, zu; e a segunda é para separ as palabras nunha oración.
Ao igual que a semana pasada, non hai que imprimilas, simplemente facelas e clicar en "enviar respuestas a tu profesora" e poñedes o meu correo: andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
Boa fin de semana!
-
Déixovos nun PDF como realizar a maqueta do aparello respiratorio. Se tendes calquera dúbida non reparedes en escribirme.
-
Semana do 11 ao 15 de xaneiro
Esta semana tendes de repaso 3 fichas interactivas de matemáticas para repasar os contidos que estivemos vendo.
Cando rematedes a ficha clicades en "Enviar mis respuestas a mi profesora" e escribides o voso nome e o meu correo
andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com
-
Estas actividades só as teñen que facer aqueles nenos e nenas cuxas familias están avisadas, o resto non.
-
Velaquí vos deixo as actuacións dos nenos e nenas de 2ºB que con moito agarimo prepararon para desexarnos un bo nadal a todos, espero que vos guste.
Felices Festas!
-
Actividade de Nadal
Estase achegando o Nadal así que déixovos unha lectura relacionada con esta data tan chula.
A clase só tendes que levar as preguntas respostadas e o debuxo coloreado; aínda que se preferides tamén podedes enviar as respostas por aquí.
Espero que vos guste.
-
Déixovos o enlace a youtube da canción Volver a casa por nadal, que imos cantar este ano para que poidan ensaiar a coreografía así como practicar a letra.
-
Actividade semanal: Día dos Dereitos Humanos.
O día 10 de decembro celebrouse o Día dos Dereitos Humanos. Para coñecer un pouquiño máis sobre eles, e máis concretamente sobre os Dereitos da Infancia, propóñovos dúas actividades.
- A primeira é unha lectura compartida para que leades xuntos coas vosas familias.
- A segunda é un comecocos moi chulo que recolles os principais dereitos da infancia. Téndelo que imprimir, colorear e montar seguindo as instruccións. Podedes entregalo facendo unha foto e subindoo á aula virtual ou ben podedes levalo a clase, como vos prefirades!
-
-
O día 6 de decembro celébrase o día da Constitución Española. A constitución recolle os dereitos e deberes que temos como cidadáns. Para coñecer algúns deles propóñovos a seguinte actividade para esta semana. Espero que vos guste.
-
-
Actividade semanal: Concurso de postais de Nadal!
-
Actividade semanal: A castaña que rebentou da risa!
-
Esta semana propoñémosvos ver o vídeo sobre "a castaña que rebentou da risa" para acompañar a lectura do mesmo conto. A idea é que vexades o vídeo e fagades a lectura, xa que o próximo luns traballaremos sobre ela. Agardo que vos guste!
Lembrade, se tedes dúbidas, comentar no foro desta mesma publicación para así solucionalas entre todas.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-