Blogues

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO CONTRA A COVID 22/23

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023:

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

O profesorado dos vosos fillos/as se porán en contacto con vostedes para facer unha reunión inicial as primeiras semanas de curso para presentar o novo ano escolar e explicar o funcionamento do centro.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS 1ºESO

O xoves día 8 ás 9:05 faremos unha reunión inicial na biblioteca coas familias do alumnado que pasa para 1ºESO para explicar o funcionamento e organización de secundaria.

COMEZO DAS CLASES

O xoves 8 de setembro darán inicio as clases do curso 2022-23 en todas as etapas educativas do CPI Julia Becerra Malvar. Os servizos de transporte e comedor xa estarán dispoñibles dende a primeira xornada.

A excepción do alumnado de 4º de educación infantil que ten un horario diferente, o horario será o seguinte para o alumnado: 

Horario de entrada : Infantil e Primaria 09:15 horas. ESO: 08.15

Horario de saída: Infantil e primaria 14:15 e ESO 13:35 (luns, mércores e venres)14:50 (martes e xoves)                            

ADMINISTRACIÓN: HORARIO DE SETEMBRO

Debido á organización do centro o horario de setembro para a recollida dos vales será de 8:00 a 10:00 e de 13:30 a 15:00. Desculpen as molestias

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público será de 9:30 a 13:30 no mes de xullo. Pódense facer consultas telefónicas ao 886 15 16 36 nesa franxa horaria.

VALES DE MATERIAL

As listaxes do alumnado que recibe vale de material xa se poden consultar, pero non se entregarán os vales ata setembro.

FONDO DE LIBROS E MATERIAL

A partir de hoxe sairán publicadas as listaxes provisionais de fondo de libros.

As listaxes provisionais, poderán consultalas no Centro ou na aplicación de fondolibros no apartado para o cidadán. (Só teredes os días 14 e 15 de xullo para presentar reclamacións)

O 18 de xullo do 2022 publicaranse as listaxes definitivas.

Entrega de vales a partir do mes de setembro.

LIBROS DE TEXTO 22-23

Premede no documento adxunto.

RECORDATORIO MATRÍCULA

PARA INFANTIL E PRIMARIA: O PRAZO REMATA O DÍA 30

PARA ESO: O PRAZO REMATA O 8 DE XULLO