Segundo a noticia de Faro de Vigo (30-01-23) citando o portal MiCole
PREMA AQUÍ PARA VISITAR O NOSO CENTRO
Este venres o alumnado de 4º de E. Primaria recolleu o seu premio de Podcast gañador na modalidade de Primaria, no I Concurso de Podcast convocado polo xornal La Región coa temática, "Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade". A primeira hora da mañá saíron en autobús cara o Mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil onde lles foi entregado o Diploma de gañadores da man das distintas autoridades, aos que, dirixidos pola súa titora, agasallaron cunha canción en defensa pola Ribeira Sacra e a lingua do "barallete". Logo foron ata Loureiro onde realizaron unha viaxe en catamarán polo Río Sil, ao remate disfrutaron dun pícnic en Luintra e xogos a cargo dos monitores para, xa pola tarde, regresar ao centro.
Grazas tanto aos mestres que os acompañeron coma ás nais, que, coma sempre, colaboran e participan nas actividades propostas. Parabéns a todos por un traballo ben feito e merecente de premio.
A continuación unha mostra resumo.
RECOLLIDA PREMIO de Entre estrellas que iluminan
Acceso público: https://www.edu.xunta.gal/proens/ Insertar: (CPI José García García (Ourense - Ourense) (32009360) Despois introducir: ensinanza, curso e materia. O réxime é o xeral-ordinario |