Saltar navegación.
Inicio

SAMAGOSTO

Practica o Samagosto

 

Estamos ás portas do Samaín e do Magosto. Por iso queremos que te samagostes... Practicar o Samagosto consiste en gozar con estas dúas festas populares galegas que empregan os cabazos e as castañas como base fundamental. Con elas entramos de cheo na outonía e lembramos tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, do CPI Fonte Díaz, e dende a súa páxina, www.facebook.com/movealingua,  temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas datas.

 

  • Durante todo o mes as distintas titorías poden realizar contos de medo, que colocarán nas portas das aulas. No ENDL temos cartolinas ligadas co Samaín e co Magosto para que, se queredes, escribades  as vosas historias baixo as formas de cabazas, castañas, morcegos... Algunhas das historias aparecerán en www.facebook.com/movealingua. Así todos e todas ficaremos aterrados!

 

  • Elaboración de receitas de sobremesas que estean feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Podedes ir colgando e compartindo con todos e todas nós as vosas receitas e  pratos na páxina www.facebook.com/movealingua.

 

  • Creación de figuras con cabazas ou castañas que serán colocadas no corredor. Pódense fotografar aquelas que fagades na casa e non poidan chegar ao centro escolar e colgalas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua. Movealingua tentará tirar fotos para que contempledes todas aquelas obras de arte que fan as alumnas, os alumnos e a súas familias. O día para entregar as figuras feitas con cabazas e castañas é o luns 28.

 

  • Elaboración de sobremesas feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Estas sobremesas e as castañas serán degustadas no comedor o día 30, polo que a mellor data para que cheguen onda nós será ese mesmo día. Todos aqueles e aquelas que non poidan compartir fisicamente as súas sobremesas poden facelo de xeito virtual partillándoas na nosa páxina  www.facebook.com/movealingua .

 

O ENDL do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar fisica ou virtulamente para practicar o Samagosto, esa festa que acabamos de inventar en Touro e que promete moito. Grazas de novo!

            ENDL do CPI Fonte-Díaz