Curiosidades de tódolos días
Nesta sección incluimos unha serie de artigos sobre cousas cotiás, moi frecuentes. E que ten que ver isto coa Química?. Entra e xa verás:
Do leite ás pinturas: Pois si, a partires do leite que tomamos a cotío poderiamos obter pinturas, tintes, etc.
Na perruquería: O ir á perruquería é, case case, como unha visita a unha fábrica química. As tinguiduras, as mechas, o xampú, laca, espuma, gomiña, ou unha máscara capilar... pero o químicamente estelar chega cando queremos cambiar de imaxe e rizar o pelo.
- A permanente : So se trata de abotoar ben ou mal a chaqueta.
O xampú: que ten que ver iso do pH que tanto anuncian na tele?
Os tintes : Que duran máis ou menos só é unha cuestión de tamaño das moléculas
Vaia cheiro a butano! E sen embargo o butano non ten olor.
Trucos de cociña : Na cociña podemos exercer como auténtic@os mestres de química, tanto é así que deberan permitirnos latar a clase de química sempre que sexa para facer de pinche de cociña.
Xa está ben de fretar: Outro dos rincóns da casa que ole a química é o armario onde gardamos os produtos de limpeza: limpacristais, lavalouzas, abrillantador, suavizante, lixivia, xel de baño e, por suposto, a xoia da coroa, o deterxente, un dos maiores milagres da historia doméstica.
Quimicoches : Millóns e millóns de vehículos circulan hoxe por todo o mundo grazas á Química. Dende os neumáticos á pintura, do airbag aos cintos de seguridade, do aire acondicionado aos faros ou dos combustibles aos innumerables polímeros que os compoñen. Aquí contámosche como funciona o airbag e os alcoholímetros.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
butano.pdf | 24.6 KB |
caseína.pdf | 41.07 KB |
permanente.pdf | 40.65 KB |
xampu.pdf | 18.75 KB |
TINTES.pdf | 19.35 KB |
cociña.pdf | 29.05 KB |
deterxentes.pdf | 15.51 KB |
quimicoches.pdf | 38.87 KB |