Saltar navegación.
Inicio

Campo a través. Fase Zonal Santiago

O 20 de xaneiro celebrouse a Fase zonal de Campo a través no parque Euxenio Granell de santiago de compostela. Noraboa a tod@s os atletas.

Salientamos a medalla e tercer posto do equipo benxamín feminino (Carlota Blanco, Irene López, Lucia Tato, Xeila Veiras, Zahira Carrillo y Alexandra Sande), a boa carreira individual de Mateo Cancela en benxamín masculino e Juan C. Cabana en Alevín masculino. A medalla de bronce de Nerea Martínez en alevín feminino no que correron tamén Ainhoa Aldrey, Lorena Pegito, María Rodriguez, Ainoa Silva e Maria Suárez.  A loita de Sandra Rilo en Infantil feminino e o pundonor do equipo cadete masculino formado por Jose A. Ruano, Xurxo Rendo, Roi Rendo e  Juan Otero.

Clasificáronse para a Fase Provincial que se celebrará o 3 de febreiro en Acea da Ma (culleredo):

  • Mateo Cancela
  • Nerea Martínez
  • Jose A. Ruano