Carreira de San Martiño. Ourense

Felipe Barata

O domingo 17 de Novembro disputouse en Ourense a tradicional proba do San Martiño, sen dúbida a máis numerosa e espectacular de todas cantas se celebran en Galicia. A ela acudiron 7 nenos e nenas do Colexio de Friol que tiveron un moi bo comportamento no que era a primeira ocasión en que se enfrontaban a una proba destas características.

O máis destacado foi Noel Villarábide, que lograba a cuarta posición na categoría alevín masculino, quedando moi cerca do podium. Moi meritoria foi tamén o sétimo posto de Cristian Santos na categoría infantil, sendo ademais atleta de primeiro ano na categoría. Cristian foi tamén o primeiro atleta do Colexio en acadar a liña de meta na carreira de menores.

Polo que respecta as nenas, María Carballido lograba o posto 18 na categoría infantil feminino, e Vanesa Blanco acadaba o posto 23 dentro da mesma categoría. Adrián Lage finalizaba no posto 22 dentro dos cadetes.

Por último, os xuvenís Rubén Ceide e Nilo Castro lograban o posto 39 e 78 espectivamente.

Moi bos resultados, tendo en conta que en cada categoría había cerca de 400 atletas que completaron os 4.7 Km do circuíto ourensá.