Excursión ó Diario El Progreso e a Leite Río

Ana Belén Lago

O día 13 de novembro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Diario El Progreso na nave do Ceao. Alí explicáronlles todo o proceso para a realización do diario, desde a recollida das noticias, o seu paso pola redacción, confección, impresión e saída. Os alumnos estiveron moi atentos e fixeron moitas preguntas. Ó remate da visita déronlles un agasallo.

Na mesma mañá tamén visitaron a nave de Leite Río, onde viron todo o proceso desde que chega o leite das granxas ata o momento que o leite sae para o mercado. Impresionoulles moito como ían pola cadea os cartóns do leite, tamén como pegaban as caixas de leite e como traballaban os robots. Ó rematar a visita regaláronlles unhas caixas de batidos.

Como colofón final desta excursión foron comer ó Parque da Milagrosa, concretamente ó Centro Cultural, onde a directiva deixou a súa cafetería para que os rapaces e rapazas poideran comer. A continuación xogaron no parque, onde o pasaron coma auténticos cativos, voltando a Friol para a hora da saída escolar.