Carreira Popular de Xermade

Felipe Barata

O pasado 10 de Novembro celebrouse unha nova edición da Carreira Popular de Xermade, a cal acudiron uns corenta nenos e nenas do Colexio de Friol, obtendo moi bos resultados, xa que se conseguiron bastantes podiums.

Na categoría prebenxamín a nena Aldara Couce lograba a vitoria na proba feminina.

Polo que respecta a categoría benxamín masculina, David Fariñas alzábase co triunfo. Na carreira feminina, Mollly Jane Merchant conseguía a segunda posición e Leira Santos ocupaba a terceira posición do podium.

Na categoría alevín masculina houbo pleno dos atletas do Colexio de Friol, xa que Noel Villarábide, Samuel Castedo e Martín Villar acadaban as tres primeiras posicións da proba nesa orde. Na proba feminina, vitoria tamén para unha atleta de Friol. Andrea Fariñas conquería a vitoria e Noelia Sánchez lograba a terceira posición.

Xa na categoría infatil tamén houbo podiums para os atletas do Colexio. Mentres Cristian Santos e Adil Loussini lograba a segunda e terceira posición respectivamente, na proba feminina, María Carballlido chegaba primeira a meta e a súa compañeira de equipo, Vanesa Blanco, entraba en segunda posición.

Por último, Na categoría xuvenil triunfo para Rubén Ceide.