Magosto 2014
MAGOSTO 2014
1º Recollida das castañas.
Durante os días 10, 11 e 12 de novembro os/as alumnos/-as traerán dous puñados de castañas cada un, xa asinadas (beliscadas). En Primaria, o/a titor/-a levaraas ao despacho de Margarita; en Secundaria, os/as delegados/as encargaranse de recollelas e levalas ao despacho de Elena, á 1ª hora.
2º Ambientación.
Ao longo da semana, tanto os/as alumnos/-as de Educación Infantil e Primaria como os de ESO, coa axuda dos titores ou dos profesores de Plástica, tentarán crear un ambiente que faga sentir a chegada do outono, as súas cores, as colleitas (entre elas a castaña) e que nos prepare para a celebración do MAGOSTO.
Sería interesante elaborar algún mural que logo, o venres, poida ser trasladado ao patio como complemento da festa.
3º O magosto: Día 14 de novembro. Horario e actividades:
Þ 12:30 – III Cross do Magosto
Participan os alumnos/as de Infantil e Primaria. Os/as de ESO poderán presenciar as probas acompañados polo profesorado.
Þ 13:30 – Xantar (Infantil e Primaria)
O alumnado de ESO terá a última clase da mañá.
Þ 15:00 – Entrega de premios
Þ 15:30 – Degustación das castañas asadas
Þ 15:45 – Música tradicional
Þ 16:00 – Recoller e subida ás aulas
Nota: Recollemos máis suxestións no EDLG.