Carreira Popular de Guitiriz

Vitoria para David Fariñas, Vanesa Blanco, María Carballido e Adrián Lage

Felipe Barata

Un bo número de atletas estivo presente na carreira popular de Guitiriz, onde se lograban un 11 pódiums.

Na categoría benxamín masculino, a vitoria era para David Fariñas. O seu compañeiro de equipo Jesús Fagil lograba a terceira posición do pódium.

Xa na categoría alevín feminina, Vanesa Blanco impoñíase na proba, mentres que Ana Villar lograba a terceira posición. Entre os nenos, Noel Villarábide acadaba a terceira posición.

Polo que respecta a categoría infantil, dominio dos atletas de Friol, xa que tanto María Carballido como Adrián Lage lograban a vitoria nas probas masculina e feminina. Adil Loussini entraba na terceira posición entre os nenos.

Por último, Lidia Álvarez entraba en terceira posición na  categoría cadete.