Excursion a Marín de 4º, 5º e 6º de Primaria

...


Ana Belén Lago

O día 5 de xuño os alumnos/as de 4º, 5º e 6º partiron rumbo a Marín, onde tiñan unha visita na Escola Naval Militar. Alí fixeron un percorrido polas grandiosas instalacións a carón do mar. Subiron ó barco de salvamento da Garda Civil, fixeron uso da pista americana que teñen en dita escola, viron o campo de fútbol de céspede artificial, a piscina climatizada e o ximnasio. E tamén puideron votar unha pequena carreira pola pista de atletismo...

Despois desta visita fomos comer ó Lago Castiñeiras. Una paraxe preciosa e inesquecible.
Ó rematar dirixímonos para o parque multiaventura chamado "Ecoparque", onde estaban esperando as tirolinas, as pontes tibetanas... Foron tres horas de diversión que non chegaron a nada...