Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil. Vigo

Felipe Barata

O sábado 7 de Xuño tivo lugar o Campionato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, na que tomaron parte 7 atletas do noso club, que tiveron unha boa actuación en xeral.

Conseguiuse unha medalla de bronce a cargo de Marcos Burgo, na proba dos 3 km marcha, na que invertía un tempo de 17.48 minutos, que constituía ademais una MMP para o xoven atleta, nunha proba na que demostrou unha gran valentía e decisión a hora de afrontar esta competición.

Na proba dos 2 km marcha, Noelia Sánchez lograba a cuarta posición cun crono de 12.24 minutos, mentres que a súa compañeira de equipo Nerea Lage, finalizaba na quinta posición cun tempo de 12.29 minutos.

Tamén bo resultado na proba dos 3 km marcha feminina, na que Vanesa Blanco entraba na quinta posición final empregando 19.31 minutos.

Polo que respecta a proba dos 3.000 metros lisos, tanto Cristian Santos como María Carballido finalizaban na sexta posición nas súas respectivas carreiras. Cristian finalizaba cun crono de 11.32 minutos e María 12.08 minutos.

Por último, Miguel Ángel Sánchez lograba a sétima posición na proba de lanzamento de disco, cunha marca de 16.85 metros.