Gran Premio de Marcha Los Cantones. A Coruña

 

Felipe Barata

O sábado 31 de Maio disputouse na cidade de A Coruña o Gran Premio Cantones de Marcha, valedoiro para a Challenge Mundial de Marcha, con presenza de atletas do club nas probas de menores. Boa actuación dos nosos atletas, que obtiveron dous meritorios podiums.

Así, na categoría cadete masculina, vitoria do actual campión galego de 5 km en ruta, xa que Héctor Rodríguez  lograba o triunfo cun crono de 31:02 nos 5 km marcha. Pola súa parte, Nerea Lage lograba a terceira posición na proba dos 2 km marcha alevín, cun crono de 12.11, mentres a súa compañeira de equipo entraba na cuarta posición nesta mesma proba cun tempo de 12.15. Tamén moi meritoria a cuarta posición na categoría infantil de Vanesa Blanco, que remataba os 3 km marcha cun crono de 19.27 minutos, que supón un MMP.

Por último o benxamín Mario Campos finalizaba na sexta posición no 1 km benxamín, empregando 7.20 minutos.