Carreira Popular "Rota do Románico". Ferreira de Pantón

11 podiums, con vitorias de Aldara Ceide, David Fariñas, Cristian Santos e Cristian Montecelo

Felipe Barata

O pasado 31 de Maio disputouse en Ferreira de Pantón unha nova edición da carreira popular “Rota do Románico”, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, tendo unha destacada actuación, xa que se lograron un total de 11 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, destacou o triunfo da atleta Aldara Ceide, que conseguía a segunda posición na proba feminina.

Na categoría benxamín, dominio dos atletas do club, xa que David Fariñas e Juan David López Ramos acadaban a primeira e segunda posición respectivamente. Polo que se refire a proba femenina, Leire Santos entraba no terceiro posto.

Na seguinte categoría, que correspondía ós alevíns e infantil de primeiro, o triunfo foi a parar a Cristian Santos, ocupando Samuel Castedo a terceira posición. Entre as nenas, Andrea Fariñas lograba a segunda posición.

Xa na última categoría de menores, Adrián Lage e Tino Villar lograban a segunda e terceira posición respectivamente, mentres que María Carballido entraba na segunda posición entre as femias.

Por último, Cristian Montecelo lograba a victoria na categoría xuvenil masculino.