Deixémonos de dindirindainas!

 

José Mª Carricoba

A última semana de maio, en sesións de venres e sábado, representouse a montaxe "Deixémonos de dindirindainas", que xa vai pola súa 5ª edición.

Este ano, por primeira vez, asistiu o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria que riron como o que máis na representación.

O sábado, aínda que existían outras actividades nas que participaba o centro escolar, non tivemos queixa co público asistente, pois o día non animaba nada a meterse nun lugar pechado; aínda así cremos que lles fixemos pasar uns momentos divertidos.

Hai un dito en castelán que informa (adaptado por nós) que "nunca es tarde si la pizza es buena". Nesta ocasión a pizza era unha catro estacións exquisita. 

Só queda agradecer a Lidia ArgereyMaría SilveraLuís Varela e Estela Villarábide a súa dedicación e interese pola actividade.