Campionato Provincial de Atletismo. Lugo

 2 ouros, 7 pratas e 8 bronces para os nosos atletas

Felipe Barata

O pasado día 25 de Maio disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campionato Provincial de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil. Tomaron parte no mesmo 22 atletas do club, obtendo 17 podiums: 2 ouros, 7 pratas e 8 bronces. Ademais deste gran resultado, hai que salientar o gran comportamento de todos os participantes nas distintas disciplinas, mellorando as súas marcas e adquirindo hábitos de comportamento e respecto polo práctica atlética.

As medallas de ouro conseguíanas Cristian Santos, na proba dos 3.000 metros lisos, e Nerea Lage, na proba dos 2 km marcha.

As medallas de prata ían parar a David Fariñas, por partida dobre, nas probas de lanzamento de peso e 500 metros lisos benxamín, e a Leire Santos, en lanzamento de peso benxamín, Angel Martínez, nos 3000 metros lisos, Mario Campos, na proba de 1 km marcha benxamín e Marcos Burgo e Vanesa Blanco, na proba de 3 km marcha infantil.

Polo que respecta as medallas de bronce, Juan Zas e Noelia Sánchez ocupaban o terceiro posto do pódium na proba dos 2 km marcha alevín, María Carballido nos 3.000 metros lisos infantil, Miguel Ángel Sánchez na proba de lanzamento de disco, Noel Villarábide na proba dos 2.000 metros lisos alevín, Samuel Castedo nos 60 metros, Alejandro Fernández na proba do salto de altura e Cristian Santos na proba de triplo salto.