Carreira Popular de Friol

...

22 podiums para os e as atletas do club de Friol

Felipe Barata

O pasado domingo 18 de Maio se disputou a II Edición da Carreira Popular de Friol, na cal houbo unha nutrida participación de atletas do club, como era de esperar nun evento que tratar de fomentar o deporte e o atletismo no ámbito do pobo de Friol. Boa actuación dos nosos atletas na casa, cun total de 22 podiums.

Así, na categoría prebenxamín, Lucía Roca e Aldara Ceide lograban a segunda e terceira posición respectivamente.

Na categoría benxamín femenina, Molly Jane Merchant entraba na terceira posición, mentres que na masculina houbo un triplete local, ocupando David Fariñas, Juan David López e Jesús Fagil as tres primeiras posicións, nesta orde.

Xa na categoría alevín, Andrea Fariñas ocupaba a segunda posición do pódium, a mesma que a do seu compañeiro de equipo Noel Villarábide, na proba masculina. Nesta mesma categoría Samuel Castedo entraba na terceira posición.

Triplete tamén na categoría infantil masculina, con Cristian Santos como gañador e con Adil Loussini e Miguel Ángel Sánchez acompañándoo no pódium. Na feminina, vitoria para María Carballido e segunda posición para Vanesa Blanco.

Tamén houbo triplete na proba cadete, resultando gañador Gael Jaúregui, por diante de Adrián Lage e de Pablo Piñón. Nas nenas, vitoria para Ana Varela.

Na categoría xuvenil, Cristian Montecelo e Rubén Ceide firmaban a primeria e segunda posición, respectivamente, mentres que entre as femias, Estela Villarábide e Noelia Seoane tamén ocupaban a primeira e segunda posicións do pódium, respectivamente.