Campionato Galego Cadete. Vilagarcía de Arousa

Felipe Barata

Boa actuación dos atletas do club

O pasado sábado 17 de Maio disputouse en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego Cadete, no cal tomaban parte 4 atletas do club.

Pablo Piñón lograba a 4ª posición na proba de salto de altura, cunha mellor marca de 1.51 metros, quedándose moi preto subir ó pódium.

Gael Jaúregi, pola súa parte, finalizaba nunha brillante quinta posición na proba dos 1.000 metros lisos, cunha marca de 2.57 minutos.

Adrián Lage, no seu debut nun evento destas características, tamén lograba a quinta posición na proba dos 3.000 metros lisos, cunha marca de 10.22 minutos.

Por último, Héctor Rodríguez non completaba a súa participación na proba dos 5 km marcha, por ser descualificado polos xuíces.