Probas de atletismo, domingo 11 de maio

Felipe Barata

2ª PROBA CLASIFICATORIA INFANTIL ATLETISMO EN PISTA. LUGO

Vitoria para Ángel Martínez, nos 3.000 metros lisos, a para Miguel Ángel Sánchez, en lanzamento de disco.

 

CONTROL DE PISTA CADETE

Vence Gael Jáuregui nos 1.000 metros lisos

 

CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA

Aldara Ceide, Samuel Castedo e Andrea Fariñas impóñense nas súas respectivas categorías



2ª PROBA CLASIFICATORIA INFANTIL ATLETISMO EN PISTA. LUGO

Se disputou o pasado domingo 11 a 2ª proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil. 

Os resultados máis destacados foron a vitoria de Ángel Martínez, nos 3.000 metros lisos, e a de Miguel Ángel Sánchez, na proba de lanzamento de disco. 

Pola súa parte, Cristian Santos lograba a segunda posición nos 1000 metros lisos e no triplo salto. Marcos Burgo e Vanesa Blanco eran tamén segundos na proba dos 3 km marcha. María Carballido acadabaa terceira posición nas probas dos 150 metros lisos e nos lanzamentos de peso e disco. Tamén Miguel Ángel Sánchez conseguía esa mesma posición na proba dos 1.000 metros obstáculos.
 
 
CONTROL DE PISTA CADETE


Conxuntamente coa clasificatoria infantil, disiputouse o control cadete, no cal tomaron parte 3 atletas do club. 
O máis destacado foi a excelente marca nos 1000 metros lisos de Gael Jaúregi, que lograba un crono de 2.56, valéndolle para levarse a vitoria no mesmo.

Pablo Piñón lograba tamén MMP na proba de salto de altura, cunha marca de 1.53, finalizando no posto terceiro. Adrián Lage finalizaba a proba dos 1.500 metros obstáculos cunha marca de 5.28, mentres que Tino Villar facía 3.33 na proba dos 1000 metros lisos

CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA
 
Tamén se disputou nesta data a XXV Carreira Popular de Ferreirúa, na cal tomaron parte máis de 20 atletas do club, que tiveron unha boa actuación, logrando un total de 8 podiums. 

Así, na categoría de 5 a 6 anos, Aldara Ceide alzábase coa vitoria. Pola súa parte, David Fariñas e Molly Jane Merchant lograban a terceira posición na proba de 7 a 9 anos, na proba masculina e feminina respectivamente.

No que respecta a categoría de 10 a 11 anos, Samuel Castedo e Andrea Fariñas imponíanse nas súas respectivas carreiras. Adil Loussini lograba a terceira posición na proba de 12 a 13 anos. Por último, Cristian Montecelo e Rubén Ceide eran segundo e terceiro respectivamente na proba masculina de 14 a 15 anos.