CARREIRA POPULAR DE PADRÓN

 Felipe Barata

2 podiums para os nosos atletas

A pasada fin de semana disputouse na localidade coruñesa de Padrón unha nova edición da Carreira Popular de Padrón, que ademáis era Campionato de España de 10 Km en ruta para as categorías absolutas. Ata Padrón se desplazaron catro atletas do club da categoría infantil, que tiveron unha actuación excelente, conseguindo dous meritorios podiums.
 
Cristian Santos lograba a segunda posición na categoría masculina, un posto que tamén firmaba a súa compañeira de equipo María Carballido. Ambos estiveron loitando cos gañadores das súas respectivas categorías ata o último metro, demostrando que cada día están máis afianzados na práctica deste deporte. Pola súa parte, moi boa tamén a prestación de Vanesa Blanco e Miguel Sánchez, que conseguían rematar a proba en cuarta e sexta posición, respectivamente.
 
Ademais, os atletas poideron disfrutar do ambiente dun Campionato de España, é dicir, dun evento de máximo nivel nacional, e que esperemos lles sirva para seguir a súa formación tanto a nivel atlético como persoal.