2ª PROBA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA BENXAMÍN-ALEVÍN. LUGO  

 Felipe Barata

3 segundos postos e 4 terceiros para os e as atletas de Friol

Disputouse en Lugo a 2ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista para as categorías benxamín e alevín, onde tomaron parte cerca de 20 atletas do club destas categorías.
O máis destacado desta xornada foron os segundos postos de Samuel Castedo en salto de altura alevín, o de Mario Campos en 1 km marcha benxamín e o de Jorge Santos en lanzamento de pelota alevín.
Tamén destacaron os terceiros postos de Juan Zas na proba de 2 km marcha alevín, o de David Fariñas nos 500 metros benxamín, o de Noa Fagil na proba dos 2.000 metros lisos e tamén o de Nerea Lage na proba dos 2 km marcha alevín.