6ª PROBA CORRE CON NÓS. AS TERMAS

 

Felipe Barata

Excelente Adrián Lage

O domingo 6 de abril disputouse unha nova proba do circuíto lucense Corre con Nós. Nesta ocasión a participación de atletas foi moi escasa, con só 2 representantes do club na mesma.
O máis destacado foi a gran carreira de Adrián Lage, que acababa a segunda posición da categoría C, demostrando o gran estado de forma no que se atopa e facendo a mellor carreira de todo o que levamos de circuíto.