A xestión dos residuos en Friol

 
...

 Teresa Estévez

O martes 18 de marzo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º de ESO fixeron unha saída ao noso entorno. Acompañados polo encargado de obras do Concello, José Manuel López Díaz, visitaron a depuradora de augas residuais e observaron o seu funcionamento. A continuación, desprazáronse ata a decantadora, onde tamén escoitaron explicacións de como desenvolve a súa actividade. Finalmente, dirixíronse ao punto limpo, situado xunto ao mercado gandeiro. Alí, comprobaron a existencia de colectores especiais para todo tipo de residuos e informáronse do procedemento a seguir para a súa utilización, así como do horario de atención aos veciños.