Primeira Proba Clasificatoria Atletismo en Pista. Categoría Infantil

 Felipe Barata

5 VITORIAS PARA O NOSO CLUB

Disputouse nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera a primeira proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil e na cal tomaron parte 8 atletas do club, logrando uns bos resultados no seu primeiro contacto coa pista ó aire libre na presente tempada. Nesta primeira proba conseguíronse un total de 5 vitorias.
 
A máis destacada foi María Carballido, que lograba un dobre nas probas de lanzamento de peso, cunha marca de 6.58 metros e tamén na de lanzamento de disco, onde mandou o artefacto a 15.74 metros. Para rematar, María chegaba segunda nos 3.000 metros lisos con 12.37 minutos.
 
Vitorias tamén dos atletas que tomaban parte nos 3 km marcha, Vanesa Blanco e Marcos Burgo, que lograban un crono de 22.44 e 23.09, respectivamente. A última vitoria foi para Cristian Santos nos 3.000 metros lisos, cun tempo de 11.54 minutos. Nesta mesma proba, Angel Martínez era segundo con 13.03 minutos.
 
O propio Cristian Santos lograba a terceira posición na proba de triplo salto, mentres que nos 500 metros lisos, Adil Loussini tamén acadaba esa posición

 

CONTROL FEDERADO CADETE. LUGO
 
Conxuntamente coa proba infantil, disputábase tamén un control federado para os atletas da categoría cadete, na que participaban catro atletas do club.
 
Gael Jaúregi gañaba a súa serie de 300 metros lisos (sen tempo oficial) e facía o propio cos 600 metros lisos, onde firmaba un crono de 1.44 minutos. Nesta mesma proba Tino Villar era cuarto con 1.55 minutos.
 
Tamén tomaba parte nos 3.000 metros lisos Adrián Lage, que gañaba a proba cun crono de 11 minutos exactos. Por último, Pablo Piñón conseguía a segunda posición na proba de salto de altura, cunha marca de 1.50.
 
Todos estes rexistros son MMP para os xoves atletas que están a comezar a tempada ó aire libre.