Carreira Popular Torre de Hércules. A Coruña

 Felipe Barata

GRAN CARREIRA DE RUBÉN CEIDE

Na xornada do sábado 29 de Marzo tivo lugar a prestixiosa proba da Carreira Popular da Torre de Hércules, na cal se deron cita máis de 2.000 atletas. O noso club estaba representado polo xuvenil Rubén Ceide, quen lograba un valioso podium.
 
Rubén conseguía unha brillante terceira posición na citada categoría xuvenil, despois dunha carreira de menos a máis, demostrando o bo estado de forma no que se atopa. Destacar a nutrida participación de menores nunha das mellores probas a nivel organizativo do calendario atlético galego.