Día Mundial do Alzheimer

Ed. Primaria

Este pasado luns, día 23 de setembro, estiveron presentes no noso centro Ester e Fabiola, membros da asociación Afalu, especializada en atención sociosanitaria, para ter unha sesión co alumnado de 3º e 4º de educación primaria con motivo do Día Mundial do Alzheimer.  Mostráronlles de forma didáctica a problemática social e familiar que pode ter esta enfermidade, tanto nos pacientes como no seu entorno máis próximo.

A través da exposición dun conto, Ester e Fabiola foron explicándolle ó alumnado do segundo ciclo todo o relativo a esta enfermidade, e que o que nunca pode faltar cos pacientes é o amor e o cariño, que iso nunca o olvidan.  Despois realizaron diversos xogos e experimentos para unha maior concienciación social desta enfermidade.