Andaina Friol 2024

Ed. Física

O pasado sábado 21 de setembro tivo lugar unha nova edición da Andaina de Friol, na que o noso centro ten un papel moi importante, xa que coorganiza, xunto ó Concello de Friol, esta actividade física e social, que se desenrola polo Camiño Real do pobo e que ten un percorrido de 6 kilómetros. Descurre por un entorno moi fermoso e que resulta moi fácil para que poidan realizalo persoas de todas idades. A saída foi dende o propio Concello de Friol e o remate da mesma foi cerca da parroquia de Cotá.

A proba, que marca o comezo das actividades que se realizan no noso centro, é un elemento de unión entre toda a comunidade escolar e a veciñanza de Friol, que este ano contou de novo cunha gran participación, xa que cerca de 300 persoas tomaron parte nunha cita que este año chegou a súa IX Edición. Ademais, o tempo acompañou e a choiva, que estivo presente na entrega das camisetas conmemorativas da proba, despois desapareceu para que dar paso a unha agradable matinal de vida saúdable en familia.