Inauguración das melloras nas clases de Ed. Infantil.

Con motivo do inicio de curso, procedemos á inauguración do novo chan das aulas de educación infantil, no que se colocou unha nova tarima na procura dunha mellora tanto estética como funcional para unha etapa fundamental no desenvolvemento do alumno.

A obra, que tivo un custo duns 9.000 euros, foi financiada integramente polo Concello de Friol, ó cal agradecemos a colaboración que está tendo co noso centro educativo na mellora das infraestruturas. Ó acto acudiu o alcalde de Friol, José Angel Santos, xunto coas Concelleiras de Educación e Cultura, Pilar López e Mary Buján, así como as profesoras de educación infantil e membros do equipo directivo.