Festa de fin de curso

Felipe Barata

O 21 de xuño puxo punto final a outro curso escolar. Celebrámolo cunha festa para o noso alumnado, na que dispuxemos 7 inchables para que todos os nenos e nenas do centro puidesen dssfrutar dun día moi especial no que se despedían dos seus compañeiros e profesores ata o vindeiro mes de setembro.

Este evento, igual que o ano pasado, foi organizado conxuntamente polo noso centro e pola ANPA e o Concello de Friol, aos cales agradecemos a colaboración e disposición que teñen co colexio en todo momento.