Mini Olimpíadas Rurais

Dep. Ed. Física

O segundo fin de semana do mes de xuño, o noso centro escolar foi escenario das mini olimpíadas rurais, nas que tomaron parte un bo número de alumnos e alumnas de educación primaria, que desfrutaron dunha agradable xornada matutina, na que os nenos e nenas realizaron un bo número de probas de xogos tradicionais e populares, á imaxe das probas que máis tarde realizarían os maiores nas I Olimpiadas Rurais de Galicia, que tivo como sede o noso pobo

Deste xeito o alumnado tomou parte en xogos e probas como a cadeira da raíña, a carretilla, a carreira de sacos, probas de equilibrio e de forza entre outros. A xornada foi todo un éxito e esperamos repetir para o vindeiro curso escolar, tendo en conta que Friol acollerá as  II Olimpíadas Rurais.