Campionato provincial de bádminton

Dep. Ed. Física

O pasado domingo 26 de maio, disputouse o Campionato Provincial de bádminton, non cal estiveron presentes un bo número de representantes do noso centro educativo, que se clasificaron para este evento despois das tres xornadas previas disputadas con anterioridade no zonal de Chantada.

Os nenos e nenas do equipo de bádminton tiveron unha gran actuación, entregándose con moita paixón por un deporte que xa é unha referencia non só no noso centro senón tamén no pobo de Friol, cunha aceptación social que vai máis alá do eido educativo. No tocante ós resultados, os pupilos de Marcos López realizaron un gran torneo, destacando Mateo Villar e Ana Karem Rodríguez, que acadaron a cuarta posición nas categorías cadetes, tanto no apartado  masculino como feminino respectivamente.