Campionato zonal de natación

Dep. Orientación

O equipo de natación do noso centro educativo desprazouse o pasado sábado 25 de maio a Monforte para a disputa da última xornada do programa Xogade e que ademais servía como campionato zonal despois das tres xornadas previas que se disputaron con anterioridade tanto en Chantada como en Monforte de Lemos.

Este ano foi a posta en funcionamento do equipo de natación a través do programa Xogade e tivo un bo éxito entre o noso alumnado, xa que todos os nenos e nenas acudiron na súa práctica totalidade a todas as citas programadas para este deporte. En canto ós resultados deste evento, destacar as tres vitorias en outras tantas proba (crol, espalda e braza) de Anxo López na categoría alevín, así como a doble vitoria de Eric Gallardo e o triunfo de Aaron Castro na categoría benxamín. Tamén destacaron nas súas probas Uxía e Iria Pacín, Angélica Darriba, Natalia López e Raisa Castro.