Xornada de intelixencia emocional
Escola de Nais e Pais
O xoves 29 de febreiro tivo lugar a primeira sesión do curso de intelixencia emocional baseado no mindfulness para ás familias do noso centro educativo, que se enmarca dentro do programa de actividades da Escola de Nais e País.
Este curso ten como obxectivo despregar, practicar e integrar as competencias emocionais que compoñen a Inteligencia Emocional, co fin de mellorar o propio autocoñecemento, autocoidado e benestar individual.
O curso proporciona ferramentas concretas para a autoconciencia, autoregulación e habilidades sociais, con aplicación directa nos diversos contextos persoais e profesionais.
Esta primeira sesión foi a primeira dun total de catro que se desenrolarán tamén no mes de marzo e abril do presente curso escolar, e están dirixidas por Marta Vales, experta en mindfulness e educación emocional e que xa se fixo cargo de máis obradoiros para o alumnado e para as familias no noso centro educativo.