Educación emocional (Primaria - Secundaria). Escola de pais e nais
Dep. Orientación
"CUANTO MÁS ABIERTOS ESTEMOS A NUESTROS PROPIOS SENTIMIENTOS, MEJOR PODREMOS LEER LOS DE LOS DEMÁS"(DANIEL GOLEMAN)
A comunicación, ou comunicación emocional é un dos condicionantes máis importantes do contexto familiar, xa que establece as interaccións entre os membros da familia. Na infancia normalmente dende a familia prestase máis atencións aos fillos/as e cando van medrando adoitase a relaxar a supervisión, comunicación e interacción cos fillos e fillas con respecto a etapas anteriores. Con todo, o feito de que os nenos e nenas agora teñan algo máis de autonomía non debe supoñer perder de vista a súa evolución. É importante que tanto nais como os pais sigan mantendo bos niveis de comunicación, que faciliten o coñecemento e o encontro persoal e axuden a levar a cabo unha correcta tarefa de acompañamento. A comunicación familiar non é unicamente un medio para coñecer mellor o que fan, pensan ou senten os nosos fillos/as, senón que tamén pode, entre outros efectos, ter unha influencia positiva no autoconcepto daqueles, de modo que a comunicación familiar convértase nun factor de protección.
Como si dunha planta se tratase os nosos fillos e fillas precisan ao longo do seu desenvolvemento:
- a auga (dispoñibilidade);
- a luz (confianza );
- a terra (accesibilidade);
- o abono (recoñecemento- valoralos);
- afecto: (móstrolles agarimo).
VIDEOS :
https://www.youtube.com/watch?v=n5mcIfmBLrg
https://www.youtube.com/watch?v=kN4B2Sd7qYY
https://www.youtube.com/watch?v=Tyg-NzqElOE
Coordinadora do Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.