Charla sobre resolución de conflitos e dificultades sensoriais

A ANPA do noso centro educativo organizou unha sesión formativa sobre a resolución de conflitos e as dificultades sensoriais, para os membros da comunidade educativa, que foi impartida polas profesionais do Servizo de Atención Temperá de Friol.

A charla fixo fincapé na importancia da comunicación e os distintos estilos das canles comunicativas, ademais dos estilos de aprendizaxe e da análise dos conflitos no relativo ás persoas e ós procesos, así como os pasos a seguir para a resolución dos mesmos. Tamén se puxo en valor as habilidades socio emocionais para a resolución de ditos conflitos e algunha estratexia a seguir.