Corre con nós

Felipe Barata

CORRE CON NÓS. AS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO

O domingo 24 de Novembro celebrouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a primeira proba do Circuíto lucense do Corre con Nós, ó cal acudiron nenos e nenas do Colexio de Friol. Cristian Santos entrou en segundo lugar na categoría B.

Na proba feminina da mesma categoría Vanesa Blanco lograba a posición 13 e Noelia Sánchez a 14. Mentres a súa compañeira de equipo, Nerea Lage chegaba na posición 48.

Polo que respecta á categoría C, Adrián Lage entraba no posto 9, mentres que Miguel Angel Sánchez facíao no posto 22.

Por último, na proba absoluta, Rubén Ceide acadou o posto 166, dun total de mil participantes.