Magosto 2013
Teresa Estévez
O día 15 de novembro celebramos no noso Centro o Magosto 2013. Unha xornada festiva que quere lembrar as festas tradicionais do noso pobo. Nós complementámolo con actividades do gusto do noso alumnado: o deporte e a música.
No aspecto deportivo, e xa pola mañá, desenvolveuse o II Cross do Magosto no que participaron os/as alumnos/as de Educación Infantil e Primaria. Todos/as recibiron unha medalla polo seu esforzo e trofeos aos tres primeiros deportistas en cada categoría, masculinas e femininas: un éxito!
Pola tarde, chegaron as castañas, raíñas da festa, e con elas a música. As pandeireteiras do noso colexio, dirixidas por Nazaré, amosáronnos un recital como mostra do seu traballo: moi espelidas as rapazas!
Tamén, o alumnado de 3º de ESO, co seu profesor de Música, Nemesio, interpretaron coa frauta unha cantiga popular: véxolles futuro os/as nosos/as frautistas!
Finalmente sinalar que, adornando o lugar da celebración, atopábanse numerosos traballos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria e unha pancarta elaborada polo alumnado de Plástica de Secundaria e o seu profesor, Modesto: unha xoia!
Resumindo: deporte + música + arte + castañas quentiñas (nun día moi frío) = MAGOSTO 2013 no CPI Dr. López Suárez de Friol