AVISO ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR AO LONGO DO CURSO 2020/21.

 As nais, os pais, os/as titores/as legais do alumnado escolarizado neste centro e que desexen colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, ao longo do curso 2020-2021, poderán solicitar a súa participación:

    • Cubrindo o modelo persoalmente no centro, para o que deberá solicitar cita previa no teléfono 881866890. 

    • Ou descargando o modelo directamente da Web e enviándoo cuberto ao email   comedordosdices@gmail.com

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso ata o 21 de decembro de 2020.

 Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que presentasen a solicitude nos prazos sinalados.

AdxuntoTamaño
Solicitude colaboradoras.pdf48.96 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer