Estimadas familias,
A Escola de Familias do CPI Domingo Fontán e das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai, continua a súa traxectoria, dando resposta ás cuestións que vos preocupan e buscando conxuntamente estratexias para facilitar a educación das nenas e nenos.
Entre as preocupacións comúns que extraemos da primeira sesión deste curso están a xestión de rabietas en nenas e nenos pero tamén os conflitos na adolescencia; as compañías, como xestionalas; a presión do grupo e o risco de exclusión; a autoestima e a autocrítica; o carácter; as frustracións; os valores cos que actúan as nosas fillas e fillos; saber dicir que non; como xestionar as negacións e prohibicións; onde poñer os límites. Para todas estes interrogantes temos unha pequena base da sesión anterior onde falamos de educación emocional, e desta volta imos afondar e adquirir novas estratexias da man de CARMEN LOUREIRO, experta en educación emocional e con quen aprendemos na primeira sesión do curso pasado.
Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por coidado das nenas e nenos poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora). A vosa presenza é importante.
Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación, animádevos a vir!
Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádello á orientadora antes do 30 de xaneiro.
ONDE? Na biblioteca do CPI Domingo Fontán
CANDO? O luns 3 de febreiro de 2020 ás 17.30
Agardámosvos!
Organiza: Departamento de Orientación en colaboración co CFR de Pontevedra
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer