O pasado 16 de maio, celebramo no centro o Día das Letras Galegas cun festival moi entretido e animado; que comezou cunha lembranza do autor homenaxeado "Antón Fraguas"
Velaí unhas imaxes...
O pasado 16 de maio, celebramo no centro o Día das Letras Galegas cun festival moi entretido e animado; que comezou cunha lembranza do autor homenaxeado "Antón Fraguas"
Velaí unhas imaxes...
O CPI LUÍS DÍAZ MORENO, FINALIZA O PLAN PROXECTA CO QUE SE TRABALLOU AO LONGO DO CURSO COA TEMÁTICA DA IGUALDADE DE XÉNERO.
PARABÉNS A UN TRABALLO BEN FEITO...
Todo o alumnado do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla participou a mañá do xoves día 9 nunha Andaina pola igualdade que saíu do centro educativo as 11h e que os levou ao local sociocultural do Concello.
Alí demos a coñecer o traballo en prol da igualdade de xénero que levamos realizando durante todo o curso escolar no marco do proxecto de educación para a cidadanía global Cooperación Galega: O mundo que queremos.
Os asistentes puideron ver unha exposición de bonecas de plastilina que representan a distintas mulleres, léronse diferentes manifestos creados polas mozas e mozos de secundaria en contra do machismo e escoitouse o programa de radio feminista feito polo alumnado.
Este encontro foi a última parada de O Mundo que Queremos, un proxecto no que o centro educativo de Baralla participou durante todo o curso con diversas visitas que lles axudaron a afondar en torno a desigualdade que sofren as mulleres en todo o mundo. Con ferramentas como os xogos de rol, a radio, o teatro ou a visita de dous activistas LGTBI do Salvador, os mozos e mozas reflexionaron sobre o machismo e construíron as súas propias mensaxes para combatelo.
O mundo que queremos, forma parte do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e nesta sexta edición levouse a cabo grazas a unión de cinco ong´s: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e o colectivo 100Tolas, que traballan conxuntamente para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.
Aquí podedes escoitar e descargar o programa de RADIO ESCOLAR FEMINISTA feito pola rapazada de secundaria de Baralla
programa final baralla omqq.mp3
ENLACE DO VIDEO REALIZADO PLAN PROXECTA
https://drive.google.com/open?id=1uxlFFIUbwjLYFNeypXRAVhlhkLbgYcD0
O pasado xoves 11 de abril,organizado polo Departamento de Música (ESO) os alumnos e alumnas do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla participaron xunto con alumnado dos Institutos de Rábade, Castro Riberas de Lea e Lugo, na actividade MUSIQUEANDO coa interpretación de tres pezas na rúa.
A experiencia foi moi positiva á espera da seguinte edición.
Velaí unha imaxes...
Imaxe do xornal EL PROGRESO día 12 de abril de 2019.
Enlace :https://www.youtube.com/watch?v=ZDOl2P5-ROQ#action=share
O pasado mércores 27 de marzo, ao abeiro do PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO que coordina Julio Couso, mestre de Educación Física de Primaria; os nenos e nenas do Cpi Luís Díaz Moreno, degustaron un almorzo saudable.
Despois de comentar a importancia de almorzar ben e os produtos que debe conter un almorzo saudable, comezaron a papar sen parar...
Dende a Dirección do Centro, agradécese o esforzo do persoal de cociña, á encargada de comedor a aos mestres e mestras que viñeron moi cedo a colaborar na preparación do almorzo.
Velaí unhas imaxes desa xornada...
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, e o presidente da Fundación INGADA, Ángel Carracedo, asinaron o pasado venres, a addenda para levar a cabo a sexta edición deste programa formativo para o vindeiro curso 2019/12, nun acto no que tamén se procedeu á entrega da V Beca INGADA-Fundación María José Jove, de recoñecemento ás boas prácticas educativas no ámbito do TDAH, que nesta edición recaeu en dous centros, o CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas) e o CPI Luís Díaz Moreno (Baralla).
A conselleira expresou os seus parabéns aos responsables dos proxectos galardoados nesta edición, dos cales destacou a súa “alta calidade” e “profesionalidade”, así como aos finalistas, xa que todos eles -incluídos os participantes nas anteriores edicións- “promoven o desenvolvemento das potencialidades dos seus alumnos e alumnas que teñen que aprender a convivir cun Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade”.
PARABÉNS PARA A NOSA COMPAÑEIRA MARÍA FERREIRO, POLO SEU TRABALLO DIARIO, ESFORZO , PACIENCIA E DEDICACIÓN E A TOD@S OS PROFESIONAIS DO CENTRO QUE PARTICIPARON NESTE PROXECTO. PARABÉNS...
Todas as familias que solicitaron praza para 4º de Educación Infantil (3 anos ) para o vindeiro curso 2019-2020 no CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, teñen a praza concedida xa que houbo menos solicitudes que prazas.
Hoxe venres, día 22 de marzo, celebramos o día da Árbore no cole coa plantación dun pé de bidueiro que nos enviou a Deputación de Lugo e unha faia coa que nos agasallou a Asociación A Porta dos Ancares de Baralla.
Todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria e profesorado, participou nesta actividade e por suposto o noso conserxe "Cachito".
Velaí unhas imaxes...
Sara MArchena
Graduada en Lingua e literatura galegas e estudante no Mestrado de Educación
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña d@s acabad@s de casar puxese a disposición d@s que non foran convidad@s á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre @s presentes era retarse dialecticamente entre el@s, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
A semana pasada celebramos a Semana Da Prensa no cole, velaí unhas imaxes do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria traballando e debatendo sobre contidos da prensa.
O pasado 28 de Febreiro , os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º,2º e 3º de Primaria, gozaron dun contacontos a cargo da Editorial Xerais.
Iago López dramatizou o seu conto "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS". Velaí unhas imaxes...
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |