AGRADECEMENTO AO CONCELLO

Para grabarse a fuego: decir gracias aumenta la felicidad

 

 

 

O alumnado do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, quere agradecer ao Concello de Baralla o seu esforzo e traballo neste periodo de confinamento, e realizou o video que queda na seguinte ligazón en mostra de cariño e agradecemento... Mirade que ben quedou...

Grazas Manolo e Miguel polo voso esforzo e traballo!!

 

Ligazón:https://youtu.be/mm7P2REWPfA

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

El Fondo Globalcaja Covid-19, con los proyectos solidarios ...Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021

Consulten no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf

 

PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 19 DE XUÑO

PROCEDEMENTO: 

-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071. Só poderá acudir ao centro un dos proxenitores coas seguintes normas de acesso: 

. uso obrigatorio de mascarilla

. desinfección de mans na entrada do edificio administrativo

. respectar a distancia de seguridade

. coller formulario da mesa que será cuberto pola persoa que solicita (o persoal do centro non cubrirá ningún formulario)

. traer bolígrafo da casa

. traer a documentación xa fotocopiada (non se farán fotocopias no centro)

NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.

Se teñen dúbidas, chamen por teléfono

DOCUMENTACIÓN: 

- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia

- certificado de discapacidade (fotocopia)

- sentenza de divorcio ( fotocopia)

- situación de violencia de xénero (fotocopia)

 

NOTA: de cara á devolución dos libros do curso 2019/2020, ao longo do mes de xuño comunicarase a maneira de proceder. Será en todo caso, con CITA PREVIA E SÓ PODERÁ ACUDIR AO CENTRO UN DOS PROXENITORES. Os libros teñen que vir revisados das casas e borrado o que sexa necesario, sen nome e en boas condicións.

 

DÍA DA FAMILIA

 

 

Os peques de Pontesampaio: Feliz Día da Familia

 

 
 

 

O Día Internacional da Familia, é  un día especial que se dedica ás familias todos os anos o 15 de maio dende 1993. É unha oportunidade para que todos se concentren no papel da familia na sociedade e os  seus cambios.

No seguinte enlace podedes ver un video que realizou a mestra Cris de Reli para celebrar este día: https://www.youtube.com/watch?v=RimI-vdKs78&t=2s

PROGRAMACIÓNS MODIFICADAS COVID-19

Significado de Soñar con Cambiar. Significado de los Sueños ...

En arquivos adxuntos achéganse as modificacións das programacións  motivadas polo COVID_19 para EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO

OPTATIVAS ESO

IMPORTANTE

 

En arquivo adxunto quedan os documentos para cubrir polo alumnado de ESO para a elección de optativas curso 2020-2021. Para aquelas familias que non teñan os medios necesarios para cubrir, escanear e enviar ao centro, poden solicitar CITA PREVIA PARA ACUDIR AO CENTRO A REALIZAR O TRÁMITE.

Para solicitar CITA PREVIA, poden chamar ao teléfono 982 870071 ou mandar un correo a seguinte dirección: cpi.diaz.moreno@edu.xunta.es

LETRAS GALEGAS 2020

Comeza o mes das "Letras Galegas", que como ben sabedes, se celebra o 17 de Maio. Co fin de que poidades ir facendo actividades cos vosos fill@s, achegámosvos varias propostas de interese. Iremos engadindo novos recursos!!

Achegámosvos un divertido xogo para coñecer un montón de cousiñas de "Ricardo Carvalho Calero" autor homenaxeado este 2020. Clica na imaxe para empezar a xogar!!

Estoutro un chisco máis sinxelo. Pincha na imaxe para xogar!! 

Letras 2020 EI

 

 

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…). Tédelos nesta ligazón

 

Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade aquí

ACLARACIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

 

CONDICIONES GENERALES. OTRAS ACLARACIONES - LATIENDADECOLCHONES.COM

ACLARACIÓNS E CONCRECIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO ÚLTIMO TRIMESTRE DE CURSO NO NOSO CENTRO EDUCATIVO.


Despois de analizar as instrucións enviadas polas autoridades competentes en materia de educación, lamentablemente, non podemos sacar conclusións definitivas sobre o desenvolvemento académico deste último trimestre; pero, polo menos, e con cautela, podemos indicar á nosa comunidade educativa as liñas xerais sobre as cales transcorrerá esta parte final de curso 2019-20.

Para iso, dende o equipo directivo, sinalamos a continuación unhas pautas xerais comúns a todas as etapas educativas do noso centro, para posteriormente matizar algúns detalles concretos de INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA.
En calquera caso, todo o aquí exposto quedará condicionado ás modificacións, concrecións ou aclaracións que poidan determinarse a través de novas instrucións por parte do Ministerio de Educación ou da propia Consellería de Educación. Baseándonos nisto, a día de hoxe, podemos afirmar o seguinte:

  • O curso rematará o 19 de xuño en Galicia sendo válido o actual calendario escolar.

 

  •  En todas as etapas educativas, o terceiro trimestre dedicarase, preferentemente, á recuperación, repaso e reforzo dos contidos impartidos ata o día en que se suspenderon as clases. Se os mestres/profesores o consideran conveniente, poderanse impartir novos contidos que se terán en conta para mellorar as notas alcanzadas nos dous primeiros trimestres.

 

  • O proceder neste tempo atípico precisará dun contacto habitual entre profesorado e alumnado en ambas direccións, é dicir, alumno-profesor e profesor-alumno.

 

  •  A avaliación final valorará principalmente os contidos impartidos ata o 13 de marzo, día en que se suspenderon as clases. Os alumnos/as con valoración negativa durante ese período deberán esforzarse en recuperar a materia suspensa; o resto deberá esforzarse en reforzar ou ampliar contidos e en mellorar as súas notas, realizando as tarefas que cada mestre/profesor determine.

 

  •  De cara ao próximo curso, o profesorado organizará plans de recuperación eadaptación do currículo e das actividades educativas, que permitan avanzar a todo o alumnado e especialmente aos máis atrasados.


EDUCACIÓN INFANTIL


Sendo conscientes da dificultade que nestas idades supón o traballo a través de
internet, que precisa constante presenza dos pais/nais cos nenos/as, as mestras
seguirán a colgar actividades na web e traballo vía telefónica , tratando de manter contacto habitual con
todos os seus alumnos/as e as súas familias. Non é recomendable intentar traballar
na casa contidos que non fosen explicados previamente polas mestras xa que pode
supoñer a adquisición de aprendizaxes incorrectas que posteriormente son díficiles
de modificar (grafía das letras, etc.).


No vindeiro curso 2020-21, as programacións de cada aula terán en conta o que
non se puido impartir neste curso 2019-20.


EDUCACIÓN PRIMARIA


Os mestre/as desta etapa seguirán proporcionando materiais de traballo aos
alumnos/as, tratando de manter contacto habitual con eles. A avaliación será
continua e baseada principalmente nas dúas primeiras avaliacións, e a promoción
(pasar de curso) será a norma xeral, o cal non implica que se aproben todas as
materias (as materias nas que non se acaden os obxectivos, quedarán suspensas).


No próximo curso 2020-21, as programacións de cada aula terán en conta o que
non se puido impartir no presente curso 2019-20, e o que precisa ser reforzado.


EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA


Os profesores/as desta etapa seguirán proporcionando materiais de traballo aos
alumnos/as tratando de manter contacto habitual con eles. A avaliación tamén será
continua e a promoción de curso en xuño ou en setembro será a norma xeral,
sendo a repetición unha medida excepcional (como sempre foi). As materias
suspensas en XUÑO quedarán pendentes para a convocatoria de SETEMBRO, e
de non ser recuperadas nesa convocatoria, quedarán pendentes para o seguinte
curso, e os alumnos/as terán que recuperalas.
Os profesores poñeranse en contacto con cada un dos seus alumnos/as para
informalos de cal é a súa situación persoal no desenvolvemento e avaliación da súa
materia, e do que debe facer para poder mellorar esa situación de cara á avaliación
de final de curso.
Hai que ter en conta que en 4º de ESO a nota media final é importante para o
acceso ao bacharelato ou aos ciclos formativos. Ademais, para acceder á seguinte
etapa educativa, non é o mesmo titular en xuño que en setembro (en xuño
cóbrense moitas das prazas ofertadas), e tampouco é o mesmo titular con todo
aprobado que con varias materias suspensas.

 

PROTOCOLO DE ACCESO AO CENTRO CO COVID-19

COVID-19 | La OCPM en tiempos de crisis - Organización de las ...

 

PROTOCOLO DE ACCESO AO CENTRO

  1. Apresentación da solicitude de admisión:
    • O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 (ámbolos dos inclusive).
    • No horario de10-14h
    • Poderá facerse:
    1. Cómo solicitar a cita previa:
    • no correo: cpi.diaz.moreno@edu.xunta.es
    • no teléfono:982870071(en horario de 10-14h de luns a venres)
    1. Cando acudas ao Centro:
    • centro proporcionará as medidas para garantir a seguridade das familias e do persoal docente (hixiene – máscaras e luvas) e limpeza.
    • Segundo as recomendacións de sanidade para a atención ao público, deberase manter o distanciamento social de 2 metros a distancia de seguridade con outras persoas e seguir as indicacións que atopen no centro.
    • Unha única persoa para a presentación da solicitude.
    • Antes da entrega das solicitudes desinfectaranse as mans con xel hidroalcohólico.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO curso 2020-21

 

ADMISIÓN DEL ALUMNADO – CEIP Villaverde

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo, abranguerá dende o día 1 ao 19 de marzo, ambos inclusive.

Solicitar cita previa no teléfono: 982 87 00 71

MOI IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 1º PRIMARIA

Definición de nota - Qué es, Significado y Concepto

NOTA INFORMATIVA ALUMNADO E FAMILIAS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA:

A partir do día de hoxe, as tarefas que realicen os nenos e nenas na casa, enviaranse para a súa corrección ao seguinte enderezo de correo electrónico, para que as repase a profe Pilar: barallaprimeirocpi@gmail.com

As tarefas de cada semana, iranse colocando no blogue como de costume. 

 

Moitos bicos e moita saúde!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet