LETRAS GALEGAS 2020

Comeza o mes das "Letras Galegas", que como ben sabedes, se celebra o 17 de Maio. Co fin de que poidades ir facendo actividades cos vosos fill@s, achegámosvos varias propostas de interese. Iremos engadindo novos recursos!!

Achegámosvos un divertido xogo para coñecer un montón de cousiñas de "Ricardo Carvalho Calero" autor homenaxeado este 2020. Clica na imaxe para empezar a xogar!!

Estoutro un chisco máis sinxelo. Pincha na imaxe para xogar!! 

Letras 2020 EI

 

 

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…). Tédelos nesta ligazón

 

Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade aquí

Powered by Drupal - Design by artinet