ACLARACIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

 

CONDICIONES GENERALES. OTRAS ACLARACIONES - LATIENDADECOLCHONES.COM

ACLARACIÓNS E CONCRECIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO ÚLTIMO TRIMESTRE DE CURSO NO NOSO CENTRO EDUCATIVO.


Despois de analizar as instrucións enviadas polas autoridades competentes en materia de educación, lamentablemente, non podemos sacar conclusións definitivas sobre o desenvolvemento académico deste último trimestre; pero, polo menos, e con cautela, podemos indicar á nosa comunidade educativa as liñas xerais sobre as cales transcorrerá esta parte final de curso 2019-20.

Para iso, dende o equipo directivo, sinalamos a continuación unhas pautas xerais comúns a todas as etapas educativas do noso centro, para posteriormente matizar algúns detalles concretos de INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA.
En calquera caso, todo o aquí exposto quedará condicionado ás modificacións, concrecións ou aclaracións que poidan determinarse a través de novas instrucións por parte do Ministerio de Educación ou da propia Consellería de Educación. Baseándonos nisto, a día de hoxe, podemos afirmar o seguinte:

  • O curso rematará o 19 de xuño en Galicia sendo válido o actual calendario escolar.

 

  •  En todas as etapas educativas, o terceiro trimestre dedicarase, preferentemente, á recuperación, repaso e reforzo dos contidos impartidos ata o día en que se suspenderon as clases. Se os mestres/profesores o consideran conveniente, poderanse impartir novos contidos que se terán en conta para mellorar as notas alcanzadas nos dous primeiros trimestres.

 

  • O proceder neste tempo atípico precisará dun contacto habitual entre profesorado e alumnado en ambas direccións, é dicir, alumno-profesor e profesor-alumno.

 

  •  A avaliación final valorará principalmente os contidos impartidos ata o 13 de marzo, día en que se suspenderon as clases. Os alumnos/as con valoración negativa durante ese período deberán esforzarse en recuperar a materia suspensa; o resto deberá esforzarse en reforzar ou ampliar contidos e en mellorar as súas notas, realizando as tarefas que cada mestre/profesor determine.

 

  •  De cara ao próximo curso, o profesorado organizará plans de recuperación eadaptación do currículo e das actividades educativas, que permitan avanzar a todo o alumnado e especialmente aos máis atrasados.


EDUCACIÓN INFANTIL


Sendo conscientes da dificultade que nestas idades supón o traballo a través de
internet, que precisa constante presenza dos pais/nais cos nenos/as, as mestras
seguirán a colgar actividades na web e traballo vía telefónica , tratando de manter contacto habitual con
todos os seus alumnos/as e as súas familias. Non é recomendable intentar traballar
na casa contidos que non fosen explicados previamente polas mestras xa que pode
supoñer a adquisición de aprendizaxes incorrectas que posteriormente son díficiles
de modificar (grafía das letras, etc.).


No vindeiro curso 2020-21, as programacións de cada aula terán en conta o que
non se puido impartir neste curso 2019-20.


EDUCACIÓN PRIMARIA


Os mestre/as desta etapa seguirán proporcionando materiais de traballo aos
alumnos/as, tratando de manter contacto habitual con eles. A avaliación será
continua e baseada principalmente nas dúas primeiras avaliacións, e a promoción
(pasar de curso) será a norma xeral, o cal non implica que se aproben todas as
materias (as materias nas que non se acaden os obxectivos, quedarán suspensas).


No próximo curso 2020-21, as programacións de cada aula terán en conta o que
non se puido impartir no presente curso 2019-20, e o que precisa ser reforzado.


EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA


Os profesores/as desta etapa seguirán proporcionando materiais de traballo aos
alumnos/as tratando de manter contacto habitual con eles. A avaliación tamén será
continua e a promoción de curso en xuño ou en setembro será a norma xeral,
sendo a repetición unha medida excepcional (como sempre foi). As materias
suspensas en XUÑO quedarán pendentes para a convocatoria de SETEMBRO, e
de non ser recuperadas nesa convocatoria, quedarán pendentes para o seguinte
curso, e os alumnos/as terán que recuperalas.
Os profesores poñeranse en contacto con cada un dos seus alumnos/as para
informalos de cal é a súa situación persoal no desenvolvemento e avaliación da súa
materia, e do que debe facer para poder mellorar esa situación de cara á avaliación
de final de curso.
Hai que ter en conta que en 4º de ESO a nota media final é importante para o
acceso ao bacharelato ou aos ciclos formativos. Ademais, para acceder á seguinte
etapa educativa, non é o mesmo titular en xuño que en setembro (en xuño
cóbrense moitas das prazas ofertadas), e tampouco é o mesmo titular con todo
aprobado que con varias materias suspensas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet