Skip to Content

ORGANIZACIÓN PRIMEIRO DIA DE CLASE - 8 DE SETEMBRO 2022

O vindeiro XOVES día 8 de SETEMBRO dará comezo o curso escolar 2022-23, coa incorporación de todas as etapas educativas. Por esta razón Para facilitar a entrada escalonada indicamos a continuación a organización da mesma.

1- Para vir ao centro, o alumnado poderá facer uso do trasporte escolar nos horarios habituais ou vir acompañados ao centro polos seus proxenitores a partir das 9:00 horas.

2- O ALUMNADO DE 5º INFANTIL e 6º INFANTIL situaranse na zona habitual na porta do edificio 2. Empezará a entrada por grupos a partir das 09.15 horas.

3- O ALUMNADO DE PRIMARIA agardará na zona cuberta de acceso ao edificio principal, por niveis ao lado dos carteis indicativos que presentará o profesorado. Chamaranse a continuación de infantil para ir accedendo pola porta correspondente co seu profesorado titor.

4- O ALUMNADO DE SECUNDARIA dirixiráse ao patio de recreo na parte posterior do edificio novo onde será recibido polo profesorado e comezará a entrada a partir das 09.15 horas. En caso de choiva agardarán no patio de recreo de columnas, baixo o edificio 2.



story | by Dr. Radut