3.1 O átomo e os elementos químicos

  • Toda a materia coñecida, sexa do tipo que sexa, dende a máis simple ata a máis complexa, está formada por unhas partículas moi pequeñas (tamaños da orde de 10"'° m) denominadas átomos.

Un átomo é a cantidade máis pequeña dun elemento químico que pode existir como entidade estable.

3.1.1 Os elementos quimicos

  • Na natureza atopamos distintos tipos de átomos, é dicir, con diferentes propiedades.

Os átomos dun mesmo tipo constitúen un elemento químico; cada un deles vén representado polo seu símbolo químico, como, por exemplo, carbono, C, cloro, Cl, osíxeno, O, hidróxeno, H, nitróxeno, N, ferro, Fe.

  • Todos os elementos químicos aparecen recollidos no Sistema Periódico (ou Táboa Periódica).

3.2 Substancias puras

  • A materia preséntase na natureza en forma de substancias puras ou en mesturas máis ou menos complexas délas.

Unha substancia pura é un tipo de materia que ten unhas propiedades características e unha composición constante.

  • Por propiedades características entendemos que son propias de cada substancia pura.
  • Que teña composición constante significa que a relación entre os átomos que forman unha determinada substancia pura é fixa.

EXEMPLOS:

  • A auga está formada por hidróxeno e osíxeno nunha relación fixa: dous átomos de hidróxeno por cada átomo de osíxeno.
  • Outros exemplos de substancias puras (ademais da auga) son o dióxido de carbono, CO2, o cloruro de sodio, NaCl, ou o ferro, Fe.

3.2.1 Elementos e compostos

As substancias puras poden ser de dous tipos:

Elementos: É un tipo de substancia pura que non se pode descompoñer noutras máis simples.

  • Estas substancias están formadas polo mesmo elemento químico, e pódense presentar en forma de átomos, como o ferro, Fe, o cobre, Cu, ou o neón, Ne, ou de moléculas, como o osíxeno que respiramos, 02, o ozono, 03, e o fósforo, P4.

Compostos: Chámanse así porque se poden descompoñer noutras substancias máis simples.

EXEMPLOS:

  • Así, o cloruro de sodio pódese descompoñer nun gas, o cloro, Cl2, e nun metal, o sodio, Na.
  • Estas substancias están formadas por máis dun elemento químico, e, como irnos ver, pódense presentar como substancias moleculares (auga, H20, por exemplo) ou como cristais iónicos (cloruro de sodio, NaCl).

3.2.2 Substancias atómicas, moleculares e iónicas

Dependendo de cal sexa a unidade elemental de substancia, as substancias puras poden ser:

Substancias atómicas. Nelas, a unidade elemental é o átomo.

  • É o caso dos gases nobres, os metáis e algúns non metáis. Salvo nos gases nobres, onde os átomos están illados, no resto, centos de miles dos seus átomos agrúpanse de forma ordenada no espazo formando unha rede cristalina ou cristal.

Substancias moleculares: Son aquelas cuxa unidade elemental é a molécula.

  • Unha molécula é o conxunto dun determinado número de átomos deste ou de diferentes elementos químicos unidos entre si.

Substancias iónicas: A súa unidade elemental son os ións, que, como estudamos o curso pasado, son átomos que gañaron ou perderon electróns. Estes ións dispóñense de forma ordenada no espazo formando redes cristalinas ou cristais.

Tipos de substancias puras



Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM