OBXECTIVOS e CRITERIOS DE AVALIACIÓN
OBXECTIVOS
1. Explicar a constitución do universo e describir as características da materia que o compón.
2. Diferenciar as escalas macroscópica e microscópica da constitución da materia, e a notación científica que se utiliza no seu estudo.
3. Estudar a estrutura interna da materia e diferenciar entre elementos, compostos, moléculas e cristais.
4. Explicar o concepto de cambio nos sistemas materiais, a súa causa e a súa clasificación, e establecer a relación que existe entre a enerxía e os cambios.
6. Estudar aspéctos básicos sobre a táboa periódica dos elementos e sobre nomenclatura e formulación química.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1. Sabe explicar de qué está constituído o universo e coñece e describe as características da materia.
2.1. Comprende a diferenza entre as escalas macroscópica e microscópica da materia e a notación científica utilizada para o seu estudo.3.1. Coñece e diferencia os conceptos de substancia pura, elemento, elemento químico, composto, molécula e cristal.
4.1. Sabe explicar o que é un cambio, clasifícaos e asóciaos a transferencias de enerxía.5.1. Diferencia entre sistemas materiais abertos, pechados e illados, e comprende que a enerxía está presente nas ondas e na materia do universo.
6.1. Coñece os elementos químicos maís habituais e algunhas propiedades periódicas e é capaz de nomear e formular algúns compostos binarios sinxelos.