TEORÍA: Os sistemas materiais e a enerxía
5 Os sistemas materiais e a enerxía.
Calquera cambio leva consigo sempre un intercambio de enerxía co seu medio, e, ás veces, tamén de materia.
Por medio entendemos o exterior (ou arredores) que rodea ao sistema material ou ao corpo que estamos a estudar.
5.1 Clasificación dos sistemas materiais.
Segundo sexa a relación dun sistema material co seu medio, os sistemas materiais clasifícanse en:
- Abertos. Son aqueles que poden intercambiar tanto materia coma enerxía co seu medio.
- Pechados. Son aqueles que só poden intercambiar enerxía co seu medio.
- Illados. Son aqueles que non poden intercambiar nin materia nin enerxía co seu medio.
1.2 A enerxía nos sistemas materiais
A palabra enerxía procede do grego energeia, de significado distinto ao actual; referíase á tendencia da materia para alcanzar un fin.
Hoxe en día, sabemos que a enerxía é o motor de todos os cambios que acontecen no universo, pero onde se encontra a enerxía?
A enerxía está presente ñas súas diversas formas en calquera sistema material que existe no universo.
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM