4 Os cambios nos sistemas materiais

4.1 O concepto de cambio

  • Todos os corpos e sistemas materiais, vivos ou inanimados, cambian.

Un cambio (ou fenómeno) é calquera transformación que se produza nun sistema material ou nun corpo, e que poidamos medir.

4.2 Por que se producen os cambios

  • Os científicos comprobaron mediante numerosos experimentos que:

Un sistema material ou un corpo experimenta un cambio porque interacciona con outro ou consigo mesmo. En todo cambio ten lugar un intercambio de enerxía.

  • As interaccións poden ser de tres tipos: gravitatorias, electromagnéticas ou nucleares.

4.3 Tipos de cambios

  • Un sistema material (ou un corpo) pode experimentar co paso do tempo dous tipos de cambas: físicos e químicos.

4.3.1 Cambios físicos

Cambios físicos: Son aqueles nos que varían algunhas das súas propiedades sen que se modifique a súa composición interna.

Os máis frecuentes son:

  • De movemento. Estes cambios verémolos con certo detalle na unidade seguinte.
  • Térmicos. Prodúcense cando varía a temperatura; este feito manifestase, por exemplo, cando un corpo se dilata ou se contrae ou cambia de estado de agregación.
  • Eléctricos. Están asociados ao intercambio de cargas eléctricas entre corpos ou sistemas materiais; estudarémolos no próximo curso.
  • Luminosos e sonoros. Ncles transmítese cncrxía sen que haxa transporte de materia.

4.3.2 Cámbios químicos (=reaccións químicas)

Cambios químicos (=reaccións químicas):Son aqueles nos que si varía a composición interna do sistema material. Neles, unhas substancias puras, que denominamos reactivos, transfórmame noutras diferentes, chamadas produtos.

Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM